Himno do Festigal

O Festigal estrea un videoclip con música e letra de Xurxo Souto, que conta coa participación de artistas como Sonia Lebedynski, Caxade e Ánxelo de Xermar para a celebración da véspera do Día da Patria Galega, realizado de xeito participativo con persoas seareiras deste evento. Segundo a comisión organizativa, “este videoclip quere converterse no himno ‘Festigal, poder popular’ para unir coa música seareir@s de todo o país”.