Goteiras no centro de saúde da Gudiña

This browser does not support the video element.

Persoal médico denuncia a Nós Diario as múltiples deficiencias que presenta na actualidade o centro de saúde da Gudiña, cuxa deterioración denunciaron en reiteradas ocasións, sen éxito, buscando arranxar as goteiras, fendas e buracos que poñen en risco a integridade e saúde das persoas. Por este motivo, as e os profesionais sanitarios decidiron atender unicamente as consultas mentres o ambulatorio fique con tales eivas.