"Así, non": as mobilizacións na Galiza contra a "invasión eólica"

Máis de 5.000 persoas mobilizáronse o 11 de decembro nunha vintena de localidades galegas en contra da "invasión eólica" que axexa o país. De forma simultánea e descentralizada, máis de 170 entidades rexeitaron "a falaz e inútil moratoria anunciada polo Goberno de Alberto Núñez Feixoo" por non ter ningún efecto sobre os actuais proxectos en tramitación. A Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega) difunde esta quinta feira un vídeo-resumo das mobilizacións.