Corazón amoratado

Esta curta -"Corazón amoratado"- é a gañadora do concurso de guións contra a violencia machista da área de Igualdade da Deputación da Coruña. É obra de alumnas e alumnos do IES Puga Ramón e está protagonizada pola actriz Isabel Blanco e o actor Xosé Eirín. O guión leva a asinatura das alumnas Uxía Carreira Moscoso, Mencía González Rodríguez, María Calvo García e Gara Sandá Florez, coordinadas pola profesora Anxos Romeo.