Carga de dignidade

En xuño de 2013, colectivos culturais, sociais e políticos de Ferrolterra encheron a reixa de Navantia de prendas de roupa imitando as fundas penduradas meses antes por traballador@s do naval reclamando emprego. 'Radio Buguina' convocou a acción protesta e artística recollida por Tingalaranga nesta pelicula de 30 minutos realizada por Bocixa en dúas xornadas reivindicativas. O filme fará que perdure aquela acción cargada de dignidade.