Incendios: Villares acusa a Xunta de criar un "inimigo invisíbel" para fuxir das súas responsabilidades
06 de novembro de 2017 (20:53 h.)
O portavoz de En Marea, Luís Villares, compareceu esta segunda feira para oferecer unha conferencia de imprensa no Parlamento galego. O líder da confluencia dixo que "estamos perante o goberno do abandono" e reclamou un pacto polo territorio que dea solución ao problema dos lumes.