Comparsa da CIG-Administración percorre o edificio da Xunta
04 de marzo de 2014 (15:20 h.)
Unha comparsa de Entroido percorreu máis un ano os edificios administrativos da Xunta en San Caetano para facer brincadeira da "actualidade política", sinalan. Disfrazad@s de Cristina de Borbón, Bárcenas ou Ana Botella fixeron sátira dos recortes nos servizos públicos e advirten: "o vindeiro ano volveremos".