Sheila Patricia estrea Ribeirana, o último adianto do seu novo disco
27 de novembro de 2025 (10:27 h.)
Xa se pode escoitar en todas as plataformas dixitais Ribeirana, o novo sinxelo de Sheila Patricia e novo adianto do seu disco, que será publicado o próximo 17 de decembro. Ribeirana é o último avance que se fará público antes do lanzamento do disco, con este sinxelo Sheila Patricia continúa desvelando as múltiples capas que conforman a súa identidade artística.