Rebeliom do Inframundo fecha filas co rapeiro Kaze en 'Balas', un rap duro cargado de orgullo de barrio, resistencia e memoria

Balas (Galink Producións, 2026), de Rebeliom do Inframundo, é un tema potente de rap/hip-hop con pulso afrobeat, cru e combativo, en colaboración con Kaze, e que poderá escoitarse en todas as plataformas dixitais a noite desta sexta feira, 16 de xaneiro, a partir das 00.00 horas. O sinxelo ven acompañado dun videoclip (publicado esta quinta feira 15 de xaneiro) a mans de Steel Cora, rodado en branco e negro, no que o rap preséntase como ferramenta de expresión e denuncia, e non como apoloxía da violencia.