Lucía Aldao: A do faro (sesión en directo)
10 de novembro de 2021 (11:19 h.)
A composición da canción do Faro foi inspirada pola apertura do faro de Oza á cidadanía coruñesa en 2018. Tres anos despois regresamos á zona das Xubias para gravar a versión en directo que podedes escoitar neste vídeo.
Imaxe e son de Diego Delgado.
O tema pertence ao álbum PAVA, de Lucía Aldao.