O turismo mata
Hai unhas semanas, nunha visita a Compostela, a escritora estadounidense Donna Leon, residente en Venecia dende 1981, laiábase de que a cidade italiana se convertera nunca caste de Disneylandia, e retrucaba cun pouco de retranca que, polo visto, Compostela ía polo mesmo camiño.
Hai unhas semanas, nunha visita a Compostela, a escritora estadounidense Donna Leon, residente en Venecia dende 1981, laiábase de que a cidade italiana se convertera nunca caste de Disneylandia, e retrucaba cun pouco de retranca que, polo visto, Compostela ía polo mesmo camiño.
"Donna Leon laiábase de que Venecia se convertera nunca caste de Disneylandia, e retrucaba cun pouco de retranca que Compostela ía polo mesmo camiño".
A escusa da atracción do turismo de masas pode ser calquera. No caso de Venecia é a propia cidade. No caso de Compostela, o seu camiño nun mundo de descridos.
A recente proposta do Goberno canario de reducir o número de visitantes ás illas non é máis que a confirmación dos efectos perniciosos do turismo de masas, sustentado nas viaxes de baixo custo e pensión completa.
O turismo representa o 30% dos ingresos das illas, pero os máis de 12 millóns de turistas representan un impacto ambiental, enerxético e paisaxístico que probabelmente non compense eses ingresos, é por iso que o turismo mata.
"A idea proposta pola alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, ou polo presidente de Canarias, debe facernos recapacitar sobre o modelo trapalleiro en se sustenta o noso modelo turístico",
Acaba con xeitos de vida e implanta modelos acordes co cartón pedra co que definiu Donna Leon a súa Venecia actual.
A galiña dos ovos de ouro que creron que ía representar o turismo para o Estado español apenas chega a un 10,9 por cento do seu PIB, pero os seus custos colaterais, como no caso de Canarias, son incuantificábeis.
Por iso, a idea proposta pola alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, ou polo presidente de Canarias, debe facernos recapacitar sobre o modelo trapalleiro en se sustenta o noso modelo turístico, porque Galiza, de aquí a pouco, recibirá turistas no que se coñecerá como un refuxio daqueles que foxen do cambio climático das altas temperaturas estivais do sur.