Xornalismo

Sen o verdadeiro xornalismo non é posíbel coñecer o mundo.

 

Sen o verdadeiro xornalismo non é posíbel coñecer o mundo. E tampouco é posíbel transformalo. O xornalismo é a testemuña necesaria, o meio que precisamos para revelar as verdades que os poderes quixesen ter sempre ocultas.

É un oficio perigoso, claro, e é un oficio vocacional. Sen paixón, mellor non exercelo.

Modestamente, Sermos tenta ser unha achega desde a Galiza ao xornalismo, isto é, unha visión do noso país e do mundo desde este oficio perigoso e necesario.

"Se baixas ao terreno, é moi doado que te enlames, mas sen as mans cheas de lixo ningún xornalista pode contar nada interesante"

Este domingo, un arreguizo percorreume o espiñazo cando recebín un whatsupp en que se me alertaba de que Cristian e Felipe acababan de seren detidos en Serbia e acusados dun delito que eu estaba certo de que non podían ter cometido. Pensei que eles eran perfeitamente conscientes dos riscos que envolvía o seu traballo e que eran xornalistas de raza, vocacionais, así que dalgunha maneira estarían na súa -na nosa- salsa. Se baixas ao terreno, é moi doado que te enlames, mas sen as mans cheas de lixo ningún xornalista pode contar nada interesante.

Cristian e Felipe -após seren inxustamente multados: cantos negocios se deben estar a facer a custa do desprazamento masivo das refuxiadas- continúan a súa viaxe. Son un orgullo para Sermos e para todas nós. Obrigadísimo!!