Díxome un tal que non sei que

O ataque contra Carlos Santiago, porque outro nome non é doado encontrarlle, non é un acto aillado, forma parte dunha onda expansiva desas forzas que nunca acabaron de entender e aceptar que os poderes establecidos poidan ser sometidos a control, crítica e sátira, incluido control humorístico.

 

As vergoñantes imaxes de policías mallando en velliñas indefensas, as sentenzas dos “xuíces condenarapeiros”, e demais desmáns represivos estáos encirrando e dándolles azos para atacar a todo o que se mova. Entra en escena Carlos Santiago e a por el.

 

O que fai deste un caso aillado é a existencia de feitos claros, verídicos, confirmados, e debidamente contrastados que se poden resumir en “díxome un tal que non sei que”.

 

Para todos os que coñecemos a Carlos Santiago isto é dobremente doloroso, porque non hai acción, grupo artístico, cultural ou político alternativo que tivese epicentro Compostela no que el non estivese ao leme ou púxese os seus brazos para vogar.