As elites mundiais non queren que haxa traballo

A visión pesimista e fatalista que andan espallando os ¨expertos¨, dun mundo futuro tan dominado pola automazón e o uso dos robós que o pouco traballo que hai hoxe desaparecerá, non responde a nada real e non é mais que propaganda do que as elites queren implantar. Parte da argallada é falar de que, cando iso suceda, a solución poderá ser talvez que haxa unha renda mínima para todos. O que se busca con iso é que a xente se afaga a ideia de que non vai haber traballo e nen pense en encontralo.

Que pasaría con esa renda mínima que apresentan para encarfurnar aos que ven tan  imposível encontrar traballo que iso pode parecerlles apetecível?  Moi axiña descobriríase que, ao non haber quen traballase, tampouco habería diñeiro para repartir entre todos. E as cobiceiras e avarentas elites nunca pensarán en repartir o que elas teñen. O que queren é esmagar para sempre a ideia do direito ao traballo e que traballen gratis para elas.

A automazón e o uso dos robós traerán mudanzas no mundo do traballo, pero non mais das que sempre houbo

A automazón e o uso dos robós traerán mudanzas no mundo do traballo, pero non mais das que sempre houbo. Alguns traballos quedarán anticuados e outros nascerán, e moitas veces o que semella que desaparece cos novos inventos, renasce outra vez e con máis forza. Pensouse que a television acababa co cine e, pasado algun tempo, o cine renasceu, en parte grazas a aquela televisión que semellara terminar con el para sempre. Pensouse que o livro electrónico traería a morte do livro en papel e resultou que agora se está empezando a aprezar máis que antes o livro con forma, tapas e portadas. E quen imaxinaría hai algunhas décadas que volvería o aprezo pola cociña e os alimentos naturais? 

Para que pareza normal e lóxico que non haxa traballo e que a xente deixe de aspirar a que o poida haber, as elites usan os ¨expertos¨ en política, economía e análise da sociedade  para que, a cambio de que se lles faciliten carreiras brillantes, teoricen, convenzan e poñan os seus talentos ao servizo da argallada.