Organizar os usuarios do Servizo de Axuda no Fogar - SAF

Como xa teño dito noutras ocasións, non hai maneira de defenderse das Administracións públicas se non é organizándose e loitando contra elas ou chegando a consensos.

O servizo do SAF é bo porque nos permite estar nas nosas casas sen ter que movernos a unha residencia fóra do noso fogar e moito máis custosa. Pero por moito que este sexa un bo servizo ten as súas eivas, entre elas ter que agardar ata dous anos para que cho concedan ou os horarios que impoñen as empresas privadas que o xestionan sen contar coas necesidades de cada usuario senón cos intereses propios da empresa que oferta o servizo.

Dende aquí chamo aos usuarios e familiares do servizo para que nos organicemos e así defender os nosos intereses e necesidades. A maneira de organizarnos sería creando unha asociación sen ánimo de lucro. Habilitamos un whatsapp (683514962) para poñernos en contacto. É urxente para o ben de todos os usuarios crear esta asociación. Estades convidados a participar!

Loitemos por vivir enfermos e anciáns nas nosas casas con dignidade.

Outro tema a tratar sería o das empresas privadas que se dedican á xestión pública do SAF, no meu concello esta é “Atendo” pero noutros concellos serán outras. Utilizan as súas traballadoras sociais para defender os intereses da empresa por enriba dos usuarios. Se nos organizamos seremos quen de ter xuntanzas cos directores de estas empresas para falar e consensuar o que é un servizo público de calidade e obter múltiples melloras. Non estou en contra da empresa privada senón de que esta faga labores públicas. O público público e o privado privado.

Este é un dos problemas que o BNG tería que ter solucionado cando tivo a oportunidade de gobernar pero non o fixo por falta de tempo ou por non ser posible nese momento e quedou pendente de resolver. Nos concellos onde gobernan os nacionalistas terían que comezar a poñer isto en práctica para que a empresa privada non chupe dos orzamentos públicos e non faga negocio cos coidados dos dependentes.

Por unha xestión socialista dos servizos públicos!