Incompetencia médica en Boqueixón

O noso centro de saúde é moi importante pois é o primeiro lugar onde acudimos ante un problema de saúde.

Acudín a miña doutora de cabeceira, Eugenia, no centro médico de Boqueixón para consultarlle as molestias que tiña no muñón da miña perna amputada e incluso na outra perna. Coma ela mesma me dixo que notaba que a perna estaba algo fría soliciteille unha cita para cirurxía vascular. Era venres e púxome cita telefónica para o luns. Ese día chamoume para dicirme que ela non conseguira cita con cirurxía vascular e que o fixera eu mesmo, iso sen ser quen de proporcióname un número telefónico co cal eu poder facer ese trámite.

Fai pouco tempo que me trata esta doutora pero xa moita xente me tiña comentado que o seu trato cos pacientes non era o correcto.

Este episodio ben a demostrarme que esta señora é unha incompetente, pois en lugar de facilitarlle as cousas aos seus pacientes llas está a complicar.

Os médicos da Seguridade Social están hiperprotexidos polo sistema e se non teñen vocación e mellor que non se dediquen o trato directo cos seus doentes pois acudimos a eles por necesidade, a nosa saúde é o máis importante.

Sempre nos din que non abusemos do Servizo de Urxencias pero con actitudes coma a de esta doutora non temos outra opción. Se por min fora profesionais así xa estarían fora do sistema sanitario.

A actitude incompetente de esta doutora obrigoume a cambiar de médico. Que diferencia co doutor Álvarez, agora xubilado e antes médico de este centro, que sempre estaba aí para facilitarnos as cousas e resolvernos os problemas e o digo por experiencia propia. Médicos coma el si que son vocacionais. Así deberían ser todos.

Pido máis control sobre os doutores da Seguridade Social e máis esmero facendo o seu traballo, traballo , que hai xente con vocación que xa o fai.

Metaforicamente falando pediría “a cabeza en bandexa de prata” destes profesionais incompetentes.