Guerra de Israel contra Palestina
Esta guerra estendeuse cara a outros territorios coma o Líbano ou Irán.
A morte do líder de Hezbolá polo exército israelí veu demostrar que os servizos secretos do Mossad en Israel son uns dos mellores do mundo.
A ninguén se lle pode escapar que se puideron matalo agora é porque xa o tiñan localizado dende había moito tempo. Cando se decidiu matalo preguntan a Netanyahu e este dou a orden de que o executasen.
O goberno iraniano advirte que usará todas as súas forzas contra o Estado Sionista. O Líbano está sendo atacado impunemente por Israel, nestes momentos esta guerra está internacionalizándose de tal maneira que a Israel lle medran os inimigos en toda a zona.
Ao principio da loita pola liberación nacional de Palestina os combates producíanse con Al Fatah, a organización de esquerdas liderada por Yasir Arafat, máis tarde ampliouse a OLP (Organización para a Liberación de Palestina). Logo creouse na Faixa de Gaza Hamás, que é un movemento islámico. Foi o propio Israel quen axudou economicamente a crear Hamás para debilitar a OLP. Co tempo Hamás escapóuselles das mans e o que tiña que ser unha especie de Cáritas converteuse nunha organización armada.