A DINA valenciana e o idioma 'catalá'
Cando se produciron os peores datos da DINA en Valencia saíron continuamente noticias nas distintas cadeas de televisión e en todas se usou o idioma español. O president da Generalitat Valenciana non utiliza para informar o catalá en ningún momento, tampouco o fan ningún dos seus consellers e conselleres. O catalá, idioma propio dos Països Cataláns, Catalunya, Illes Balears e Pitiüses, País Valencià e Andorra, é ignorado polas autoridades e os medios de comunicación. Todos eles deberían expresarse na lingua oficial de Valencia, o catalá. Os partidos gobernantes no País Valencià, PP e Vox, non respectan a súa lingua oficial. E se o President da Generalitat non respecta o Estatut, quen o vai a respectar?
Xa o manifestaba o cantante Paco Muñoz na canción Que vos passa valencians:
Nobles, bisbes i juristes
Ens vengueren per un plat
De llentilles a Castella
I als seus costums castellans.
Si se leu en Valencià o manifesto da multitudinaria manifestación contra a xestión da DINA. Foi na Sexta onde escoitei a lingua propia dels Països Cataláns na lectura do manifesto, que ían traducindo ao español. Escoitei tamén críticas a presenza da cadea autonómica catalá TV3.
O País Valencià merece que a súa lingua propia sexa utilizada polos medios e polas autoridades. A lingua forma parte da súa realidade, cultura e das súas marcas de identidade coma pobo.
Co este non uso do idioma nas noticias sobre a DINA en Valencia vénse a demostrar que o catalá é a lingua do proletariado e o castelán a lingua do capital e as autoridades.