Asemblea Nacional do BNG

O vindeiro día 1 de decembro celebrarase a XVIII Asemblea Nacional do BNG, esta servirá para ratificar a unidade da Fronte e nela viviremos a máxima madurez da organización.

Nesta asemblea preténdese fortalecer e impulsar o cambio para chegar a alcanzar a Xunta nas próximas eleccións. O BNG é consciente de que vive o mellor momento da súa historia, sen renunciar a ningún principio nacionalista conseguiu chegar a amplos sectores da sociedade. Ana Pontón ve necesario fortalecer o cambio para así chegar a gañar as próximas eleccións e para iso é necesario mellorar os xa bos resultados das anteriores.

Temos as mozas e os mozos máis preparados tanto intelectualmente coma en sentimentos nacionalistas con visión de país. Somos a organización galega chamada a presidir a Xunta nun futuro.

Todo indica que Ana Pontón será reelixida portavoz nacional da Fronte.

Este ano coincide o 60 aniversario da UPG e o 42 aniversario do BNG, fundado en Riazor no 1982. Son as dúas organizacións que constitúen a máxima forza do nacionalismo na Galiza.

Esta Asemblea Nacional é moi importante xa que estamos nun momento idóneo para preparar con éxito as próximas eleccións autonómicas, con tempo de ir construíndo a organización de goberno que é o BNG.

Desta volta temos que gobernar, coma mínimo, por hixiene democrática pois o PP leva demasiados anos gobernando a autonomía galega, sen ter alternancia no poder.

Di Ana Pontón: "Se algo está claro, é que sen organización non hai cambio nin transformación do país". Temos que conseguir ser a forza hexemónica para darlle a Galiza o futuro que merece fronte a un PP que antepón os seus intereses aos intereses da Galiza.