Terrorismo

A raíz da existencia dun grupo que se autodenomina Resistencia Galega e que asumiu, nalgúns casos, a autoría da instalación duns artefactos cando a poboación dorme en sitios relacionados coa riqueza, causando estragos materiais pero ningúnha lesión persoal, motivou que fose acusada de organización terrorista polo estamento oficial gobernante e utilizada para poñer en entredito aos partidos da esquerda nacionalista, xa que tratándose dun grupo que se declara independentista, aprovéitase para esixir unha condena por terrorimo que de non facelo pretende ser unha forma de desenmascarar ao nacionalismo democrático como simpatizantes das súas accións,  coas consecuencias político-eleitorais que isa actitude  puidese levar.    

"Resistencia Galega non se pode conceptuar como unha organización terrorista, polo menos ata agora, e polo tanto non se pode condenar como tal".   

As forzas nacionalistas non entran ao trapo e non condenan o que o PP pide, pero resulta que dan unhas explicacións  imprecisas que non aclaran moito, como que “a nosa organización é totalmente democrática e condena o terrorismo” dito así en abstracto, “pero condenan o terrorismo de Resistencia Galega?” replica o PP, “a nosa organización é totalmente democrática, etc, etc” seguen teimando. É dicir bótanse balóns fora difíciles de entender, e isto sucede porque non se ten preparada unha resposta clara, común e realmente democrática, que sería algo así como afirmar que Resistencia Galega non se pode conceptuar como unha organización terrorista, polo menos ata agora, e polo tanto non se pode condenar como tal. En tal caso,  trátase dun grupo que exerce  actos de violencia material, ou se se quere vandálicos, baixo unha xustificación política,  de maneira que conculcan a legalidade vixente, obxecto, polo tanto, das sancións correspondentes. Pero igual que no penal hai diversas particularidades delituosas (roubo, homicidio e asasinato, por exemplo) tamén en política debe habelas, e non pode identificarse toda organización política cun xeito de actuar violento coa categoría de terrorista cando non hai vítimas humanas, nin esa é a súa intención nin, polo demais, a poboación galega vese aterrorizada por tais elementos como, porén, se o está pola situación económica na que se atopa por culpa tamén de entidades con nomes e dirixentes que si que causaron e causan vitimas humanas en toda a extensión lesiva da expresión, e non lles pasa nada, cando na imprecisión existente do termo terrorista tamén podería aplicarse a moitas das súas actuacións se non fosen eles os únicos que teñen o poder para definilo.

"Se fixese unha enquisa na cidadanía de a quen teme máis se a Resistencia Galega ou aos  Bancos, , maioritariamente dirían que estes últimos son os que lles inspiran realmente pavor".   

Máis aínda, se se fixese unha enquisa na cidadanía de a quen teme máis se a Resistencia Galega ou aos  Bancos, observaríamos primeiro, que moi pouca xente sabería que é iso de Resistencia Galega, porén  todos coñecerían quen son os Bancos e despois, maioritariamente dirían que estes últimos son os que lles inspiran realmente pavor.   

Clarificar isto,  é importante, porque as condenas non poden ser as mesmas no caso de terrorismo que no caso de puntuais atentados materiais que non teñen por obxecto atemorizar á poboación (se non máis ben chamar a atención sobre os que realmente a atemorizan) o cal nos leva a considerar unha auténtica barbaridade as penas impostas aos detidos recentemente acusados de pertencer a tal organización, debido a unha identificación interesada e adulterada de terrorismo por parte do poder pero inxustificada para os principios dos dereitos humanos.

Ramón Muñiz