Pandemia
[Xoán Costa]
Un andazo global de coronavirus. Iso é o que nos quere dicer a OMS ao declarar que o surto de coronavirus atinxiu o nivel de pandemia, isto é, afecta a todo o mundo embora o 90 % dos casos se concentraren na China, na Italia, en Corea do Sul e no Irán.Un dos eixos de comunicación das autoridades neste episodio que vivimos en tempo real é asegurar que todas as decisións que se toman son en base a consideracións científicas centradas única e exclusivamente na contención como piar máis acaído neste batalla. Por iso a declaración de pandemia, a segunda do século, non é unha sorpresa e, en palabras do director xeral da OMS "non muda nada aquilo que a OMS está a facer e as medidas que deben ser implementadas polos países".
Porén, a mesma declaración considera que, do ponto de vista económico e social, pode haber alteracións das decisións políticas, nomeadamente, ao nível dos apoios laborais e ás empresas.
A fin de contas, o virus comezou nun mercado e, nunha boa parte, de mercados segue a cousa.