Comer armas
17 de xullo de 2025 (08:16 h.)
[Alberte Mera]
Lembra Emilio López Milucho –home aprezado entre os labregos e as labregas polo seu incansábel traballo xunto a eles a prol do rural–, no seu libro A terra sabe a loita, como o Estado español vendeu o agro galego para cumprir os requirimentos que lle pedían para ingresar no libre mercado da CEE –antecesora da Unión Europea–. Recorda no seu libro como se berraba “Mercado común europeo, ruína do agro galego” nas tractoradas. Non podía ser que labregas e labregos cargasen con esas medidas draconianas. Décadas despois, a industria armamentística e o imperialismo introducíronos en guerras, coa OTAN, os Estados Unidos e a maioría de Estados da UE brindando polo aumento do gasto militar con copas desbordantes de sangue. Advertiuse: os recursos para incrementar o gasto militar sairían de partidas sociais. Aconteceu: Francia anunciou hai tres días un aumento de gasto militar en 6.500 millóns de euros; antonte, anunciou que recortará pensións, investimento social e días festivos –do gasto militar non vai restar un céntimo–. E onte, a Comisión Europea defendeu un recorte de, como mínimo, 20% da asignación dos fondos da Política Agraria Común. Queren cumprir coa suba de investimento militar que exixen Trump e a OTAN... Agora, en vez de comer produtos do noso agro, teremos que comer armas?