Mestras do entusiasmo

Máis alá de reformas e contrarreformas lexislativas que converten a educación nun campo de batalla entre Dona Utopía e Don Mercado.
Máis alá da obsesión dixital ou da saudade analóxica.

Máis alá de reformas e contrarreformas lexislativas que converten a educación nun campo de batalla entre Dona Utopía e Don Mercado.

Máis alá da obsesión dixital ou da saudade analóxica.

"Máis alá da obsesión dixital ou da saudade analóxica.Máis alá de estatísticas frigoríficas e porcentaxes clasificadoras"

Máis alá de estatísticas frigoríficas e porcentaxes clasificadoras.

Máis alá de que haxa cartos ou falta deles.

Máis alá de que as cadeiras da aula sigan a ser tan incómodas como naquela infancia en branco e negro.

Máis alá do cheiro a luns e burocracia.

Máis alá de todas as pedras que os de arriba poñen no camiño.

Máis alá das pingueiras e dos timbres.

Máis alá da semántica da chuvia nos cristais.

Máis alá da letra morta dos libros de actas.

Máis alá do café con sabor a vaso de plástico.

Máis alá dos claustros con cheiro a cloroformo .… 

Máis alá de todo iso, estades vós.

Seareiras das bibliotecas escolares.

Fundadoras de paixóns lectoras.

"Profesoras de literatura. As que seguides a ler ata un segundo antes de que vos apaguen a luz".

Do Club das Causas que Nunca se Dan por Perdidas.

Sempre á procura do universo do outro lado do espello.

Aquelas que non desertades do fulgor das librarías.

Aquelas que aínda subides enriba dos pupitres para mudar a perspectiva.

Aquelas que convertedes cada hora de clase nun álbum ilustrado.

Aquelas que nunca deixades de recitar un poema para destripar unha cláusula.

Mestras en doar palabras.

Profesoras de literatura.

As que seguides a ler ata un segundo antes de que vos apaguen a luz.