13 para o 13 (corpos estraños)

I. Habito no reino de España como nun cuarto de hotel onde non me agrada a decoración.II. Lección de cidadanía: ser tan bo veciño como pésimo súbdito.III. A tauromaquia leva séculos a cichar sangue polo belfo.IV. Do exército, só resultan heroicos os desertores.V. A economía fai medrar o balance de eufemismos.VI.


I. Habito no reino de España como nun cuarto de hotel onde non me agrada a decoración.

II. Lección de cidadanía: ser tan bo veciño como pésimo súbdito.

III. A tauromaquia leva séculos a cichar sangue polo belfo.

IV. Do exército, só resultan heroicos os desertores.

V. A economía fai medrar o balance de eufemismos.

VI. Entidades bancarias, cámaras frigoríficas.

VII. Todo Poder exhala Flatulencia.

VIII. O fascismo planta eucaliptos.

IX. Feminismo é fenda; machismo, ferrollo.

X. A lingua é un monte queimado.

XI. A verdade pode ser oblicua, pero nunca neutra.

XII. Ter fe en todas as lecturas, agás nas lecturas de fe.

XIII. As bandeiras pasan; a terra negra, non.