Vía de auga á frota galega
Un cambio de norma retrasa a idade de xubilación dos tripulantes da frota conxeladora galega, unha decisión que bota polo chan dereitos conquistados hai anos e que afecta miles de persoas no noso país. Algúns terán que alongar catro anos a súa vida laboral. Nos portos galegos xa se articula unha resposta. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 265 de Sermos Galiza.
O goberno español atrasa a idade de xubilación a centos de mariñeiros galegos da frota conxeladora. Unha medida que, se lle poñemos a perspectiva de que afecta tamén a quen embarcou nese sector da frota galega ao longo destas décadas, levaríanos a falar de miles, e non de centos, de tripulantes afectados. “Unha canallada, o maior roubo de dereitos sociais da historia da pesca galega”, como enfatiza Xabier Aboi, da CIG, en conversa con Sermos Galiza.
[Podes ler a reportaxe íntegra no número 265 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]