‘Venres de negro’ na sede central de Pull&Bear, en Narón, polo dereito a conciliar
A CIG anima o persoal a vestir desta cor en demanda dunha modificación da xornada laboral.
Unha xornada laboral que permita conciliar. Esta é a demanda que hai na iniciativa promovida pola CIG na sede central de Pull&Bear, Narón, e pola que anima as perto de 200 traballadoras e traballadores desta firma que fai parte do grupo Inditex a vestir de negro nas sextas feriras.
“O obxectivo desta acción é visibilizar unha demanda "que ten como primeira reivindicación saír nas sextas feiras ás 15:00 horas, ao igual que sucede nos meses de verán", explica o sindicato nacionalista. "Trátase dunha campaña da sección sindical que pretende modificar a xornada laboral, para que esta permita conciliar ao persoal", sinala Fran Cartelle, secretario confederal de Emprego da CIG.
Neste senso, apunta que está constatado que a produtividade da empresa (que forma parte do Grupo Inditex) non é escusa para non modificar a xornada, "pois durante os catro meses de verán nos que xa se conta con ese horario, esta non se veu prexudicada de ningún xeito".