Traballar e producir aquí, decidir aquí
A defensa dun marco galego de relacións laborais sobordou o marco das voces que tradicionalmente o demandaron e defenderon (o nacionalismo) para sumar tamén outros actores políticos e sindicais que ven na garantía da prevalencia dos convenios negociados e asinados aquí sobre os estatais unha porta aberta á mellora das condicións das traballadoras e traballadores. Eis un extracto da información publicada ao respeito no Sermos Galiza 277.
Mais hai moito que avanzar. Moito. Porén, non é esta unha reivindicación imposíbel. Para nada. En xaneiro de 2017 a patronal vaca (Confebask) e os sindicatos ELA, LAB, CCOO e UXT asinaban un acordo polo que se garante que os convenios que se negocien en Euskadi, quer sectoriais, quer provinciais ou autonómicos; sempre van ter prevalencia sobre os estatais.
Eis a proposta que defenden desde o sindicalismo nacionalista, que se garanta a prioridade dos convenios asinados en Galiza sobre os estatais.
[Podes ler a reportaxe íntegra no número 277 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]