Os traballadores de Alcoa suspenden unha protesta ante a situación na Mariña
05 de xullo de 2020 (19:45 h.)
Ademais, a vindeira terza os traballadores tiñan previsto manter unha reunión en Madrid co Goberno central, á que tampouco poderán desprazarse coas restricións á mobilidade impostas ao distrito sanitario da Mariña.
Os traballadores da planta de Alcoa en San Cibrao suspenderon a protesta que tiñan prevista para o vindeiro venres na Coruña tras coñecerse a decisión da Xunta de fechar a comarca da Mariña, onde se atopa a empresa, durante o próximos cinco días debido ao brote de COVID-19 rexistrado.
Ademais, a vindeira terza os traballadores tiñan previsto manter unha reunión en Madrid co Goberno central, á que tampouco poderán desprazarse coas restricións á mobilidade impostas ao distrito sanitario da Mariña. Para este encontro están "buscando solucións", indicou o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan.