Primeira morte no traballo en 2023: falece un operario no Grove ao caer desde unha altura de cinco metros

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza. (Foto: Xunta)
O home trataba de instalar unha antena no lugar de Campos.

Un operario faleceu esta segunda feira após caer desde unha altura de cinco metros cando trataba de instalar unha antena no municipio do Grove.

Segundo a información trasladada polo CIAE 112-Galiza, o suceso ocorreu sobre as 11.30 horas á altura do número 35 do lugar de Campos, onde o home estaba traballando.

Até o lugar do suceso desprazouse persoal sanitario do 061, aínda que non puideron facer nada por salvar a vida da vítima. Tamén foron mobilizados efectivos da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil do Grove.