O persoal do metal de Pontevedra perdeu 3.000 euros desde 2020 pola inflación

Manifestantes do sector do metal diante de axentes da Policía nos arredores do Ifevi de Vigo (Foto: Javier Vázquez / Europa Press).
Unha suba de salarios de 4% en cada un dos anos de vixencia do próximo convenio laboral, incluír unha cláusula que asegure a equiparación do aumento das retribucións e do incremento do custo da vida, garantir a subrogación entre empresas privadas e reducir a xornada anual en máis de oito horas son as prioridades do persoal do sector do metal en Pontevedra. A negativa da patronal a estas condicións motivou que esta terza feira milleiros de persoas se manifestaran en Vigo na xornada de inauguración da Feira Mindtech.
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.