Navantia leva a CIG a xuízo pola greve na industria auxiliar

O sindicato considera que “estamos diante dun intento de criminalizar a loita obreira”.

Navantia leva a xuízo a CIG nun pola greve do persoal da industria auxiliar, unha loita que se estendeu durante 22 días en defensa dos ¡dereitos salariais e sociais para reivindicar a recuperación do nivel retributivo do ano 2001.

 

O vindeiro 4 de abril vai ter lugar en Ferrol o xuízo contra a CIG e o comité de greve. Navantia exíxelles indemnizacións millonarias por aquel conflito. A CIG entende que “estamos diante dun intento de criminalizar a loita obreira” e chama a participar na concentración convocada para ese día, ás 11:15 horas, en defensa do dereito á  greve.

 

Durante 22 días o persoal da industria auxiliar estivo secundando masivamente unha greve para reivindicar a recuperación do nivel retributivo do ano 2001, que se concreta nunhas táboas salariais pactadas precisamente despois doutro conflito, e "que tiveron vixencia durante moitos anos de xeito pacífico". Porén, as empresas deixaron de aplicar unilateralmente e sen negociación esas táboas.  

 

De igual xeito, a CIG de Ferrol quere denunciar a postura de Navantia "moi activa na precarización das condicións de traballo do persoal da súa industria auxiliar", malia ser unha empresa pública "que debera exercer un papel radicalmente diferente ".