Mercado laboral galego, con M de Madrid
A crise acrentou cada vez máis a división territorial do traballo, non só a nivel mundial ou europeo mais tamén a nivel de Estado español. Unha realidade na que Madrid e, en menor medida, Euskadi e Catalunya acaparan os empregos de maior cualificación mentres Galiza continúa a ser presa dun modelo de baixos salarios. Escribimos sobre isto no Sermos Galiza 280.
Estamos pois perante unha situación de marxinación ou un prexuízo á capital do Estado, onde os custos son máis elevados que no resto do Estado mais os salarios case idénticos? Pois non exactamente. Esta situación responde a unha realidade que nos pon perante un mapa singular. Explícao Florentino Folgueroso, investigador da Fundación de Estudos de Economía Aplicada (Fedea): “En Reino Unido, Francia ou Alemaña non hai tal concentración de traballo cualificado nunha única zona como no Estado español, hai máis polos de atracción”, reflexiona.
[Podes ler a reportaxe íntegra no número 280 de Sermos Galiza, á venda nos quiosques e na loxa]