Inditex abre algunhas das súas tendas con cita previa

Unha persoa con máscara pasa por diante dunha tenda de Zara (Eduardo Parra / Europa Press)
As tendas da multinacional galega de menos de 400 metros cadrados de superficie serán as primeiras en abrir.

O grupo Inditex subiu onte a persiana dalgunhas das súas tendas ─aquelas de menos de 400 metros cadrados─ para comezar a atender clientela con cita previa, que poderán pedir a través dos medios de contacto que poña cada tenda no escaparate do local.

O xigante da moda comeza así o desconfinamento dotando os seus estabelecementos de medidas de seguridade e hixiene para empregadas e clientes entre as que figuran dispensadores automáticos de xel hidroalcohólico na porta dos comercios, sinalización para que a xente respecte a distancia social de seguridade, hixienización de probadores ou pantallas de protección.

A visita ao estabelecemento non poderá superar a media hora e haberá un máximo de catro clientas por quenda.