Folga das traballadoras de Nostián en protesta polo ERTE

Planta de residuos de Nostián.
As traballadoras da planta coruñesa de residuos de Nostián anuncian un calendario de mobilizacións e unha folga xeral indefinida.

As traballadoras e traballadoras da planta coruñesa de residuos de Nostián anunciaron esta quinta feira a convocatoria dunha folga indefinida a partir do 8 decembro en sinal de protesta polo expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) comunicado pola empresa. 

A decisión do comité de empresa ven acompañada dun calendario de mobilizacións para este mes na praza de María Pita da Coruña. Serán os días 22 e 29 de novembro entre as 11.00 e as 12.30 horas, e terán continuidade o 5 de decembro.

As protestas das traballadoras, que levan como lema ‘Polo noso futuro e o da planta!’ son a resposta ao ERTE previsto pola empresa após da decisión de non procesar o lixo que chega á pranta dos concellos do Consorcio das Mariñas.