Falece un operario nun accidente laboral no Porriño

Imaxe de arquivo.

No Polígono industrial de Atios.

Un operario resultou falecido na tarde desta segunda feira tras sufrir un accidente laboral no municipio do Porriño, comarca de Vigo.

Segundo informaron a Europa  Press fontes do  CIAE 112-Galiza, o suceso ocorreu pouco antes das 16:00 horas, cando un compañeiro da vítima alertou de que recibira un forte golpe mentres traballaba nunha empresa do polígono industrial de Atios.

Até a zona desprazouse unha ambulancia do 061 que, con todo, só puido certificar a morte do traballador.

No operativo interviñeron tamén efectivos da Garda Civil, a Policía local e Protección Civil da localidade.

Aumento da sinistralidade

No Estado hai 3,24 sinistros mortais por cada 100.000 traballadoras. Na Galiza hai 6,05. Galiza está á cabeza  en índice de incidencia en sinistros laborais mortais. Unha situación que os sindicatos afirman que vén de lonxe polo que piden unha convocatoria do Consello Galego de Seguridade e Saúde no Traballo materia: Instituto Galego de Seguridade e Saúde (ISSGA), Inspección de Traballo, Xunta da Galiza e axentes sociais.