Primeiro de maio
CUT, STEG e CGT, “unindo loitas”
01 de maio de 2018 (16:00 h.)
Vigo acolleu unha manifestación unitaria de seis sindicatos que marcharon xuntos baixo o lema “Primeiro de maio: unindo loitas cara á folga xeral. Pan, traballo, teito e dignidade”. CUT, STEG, CGT ou Prosagap estaban entre as organización convocantes, que apoiaron a necesidade dun paro xeral. En cidades como A Coruña tamén estaban convocadas manifestacións unitarias de CUT, CGT e Sindicato de Elevación.
Na marcha de Vigo tivo un especial protagonismo o apoio aos traballadores e traballadoras da administración de xustiza, que levan máis de 80 días en greve; así como a loita feminista. Na movilización defendeuse un sindicalismo “combativo” que faga fronte a una realidade de “paro”, “explotación” e “desigualdade”.