CIG pide a convocatoria "xa" das oposicións sen as facer depender dos orzamentos do Estado
01 de marzo de 2017 (13:27 h.)
Non hai ningún atranco legal para as oposicións seren convocadas xa, enfatiza Anxo Louzao, secretario xeral da CIG ensino.
Euskadi marca o camiño: é posíbel convocar as oposicións tal e como estaba previsto (800 prazas en Sanidade, 200 en Educación) sen agardar a que se aproben os orzamentos do Estado para 2017.
Nestes termos pronunciouse o secretario xeral de CIG ensino, Anxo Louzao, en declaracións a SER Galiza.
A petición de convocatoria imediata das oposicións vaina levar a CIG á mesa sectorial coa Xunta axendada para esta quinta feira.
A central nacionalista convocará mobilizacións de non reconsiderar o goberno galego a súa decisión de paralisar a convocatoria de novas prazas de emprego público.