CIG convoca concentracións contra unha prórroga dos ERTE “sen garantir os ingresos e os empregos”
Esta cuarta feira en todas as comarcas, coincidindo coa convalidación no Congreso do Real Decreto-Lei 24/2020.
A CIG concentrarase en todas en as comarcas esta cuarta feira 15 de xullo, en rexeitamento ao segundo acordo asinado polo Goberno español, a patronal, CCOO e UXT para o prórroga dos ERTE, coincidindo coa convalidación no Congreso do Real Decreto-Lei 24/2020, de 26 de xuño.
Para a central nacionalista, prorrogar os ERTE nas condicións pactadas nese acordo supón “afondar no abuso patronal e un enorme prexuízo para o conxunto dos traballadores e das traballadoras, cando estamos en plena crise social e económica”.
Hora e lugar
· A Coruña, ás 11:30 horas, na Delegación do Goberno (Praza de Ourense, s/n).
· Ferrol, 11:30 horas, Edificio da Xunta de Galiza (Praza de Amada García).
· Lugo, 11:30 horas, na Subdelegación do Goberno (r/ Armanyá, 12)
· Ourense, 11:00 horas, Subdelegación do Goberno (Parque de San Lázaro)
· Pontevedra, 11:00 horas, na Subdelegación do Goberno (Praza de España, 1)
· Santiago, 11 horas, na Praza de Galiza.
· Vigo, 11:00 horas, na dirección provincial do SEPE (r/Cánovas del Castillo, 18)