Centos de bombeiros marchan en Ourense contra a privatización e por un modelo público

Baixo o lema 'Rescátanos' traballadores dos diferentes parques comarcais manifestáronse na cidade ourensá.

Efectivos dos parques comarcais de bombeiros de diferentes comarcas de Galiza marcharon esta segunda feira por Ourense para denunciar a “privatización” e demandar un modelo de xestión pública, pedindo que a administración “asuma” o servizo.

En Galiza hai 31 parques comarcais e pertto da metade xestiónanse de forma indirecta, situación que afectaría a por volta de 1.000 profesionais.

A mobilización estaba convocada pola Mesa interprofesional e a Plataforma de bombeiros e tiña como lema 'Rescátanos'. É a primeira mobilización deste ano, sinalaron desde os convocantes, mais non a última. Os centos de efectivos que tomaron parte na manifestación partiron do parque de Bombeiros para percorrer varias rúas de Ourense até chegar á Praza Maior, onde está o Concello, e proseguir despois até a Deputación.

Os convocantes denuncian que se está a proceder a unha aposta en continuar coa xestión “privada” dos paqrues embora estes funcionen “con cartos públicos e con material comprado pola administración”. Afirman que a xestión pública suporía un aforo do 30% no cutos destes parques.


 

En Galiza hai 31 parques comarcais e pertto da metade xestiónanse de forma indirecta, situación que afectaría a por volta de 1.000 profesionais.