Aumentan as mortes en accidentes laborais na Galiza con datos até agosto, con 43 persoas falecidas, mentres baixan no conxunto do Estado

Un obreiro da construción traballando nunha obra en Vigo. (Nós Diario)
Galiza rexistrou un total dos 19.462 sinistros laborais con baixa até agosto, 684 máis que no mesmo período do ano anterior (+3,6%).

Un total de 43 traballadores e traballadoras faleceron en accidente laboral na Galiza entre xaneiro e agosto de 2025, o que supón catro mortes máis que nos oitos primeiros meses de 2024 (39), segundo os datos publicados esta segunda feira polo Ministerio de Traballo.

Este incremento na Galiza contrasta coa baixada de nove mortes no conxunto do Estado español, onde houbo 489 accidentes mortais laborais no mesmo período (498 hai un ano). Ademais, do total de 43 mortes a nivel galego, oito delas producíronse en itínere.

Por outra parte, Galiza rexistrou un total dos 19.462 sinistros laborais con baixa até agosto, 684 máis que no mesmo período do ano anterior (+3,6%). Entre eles, 19.119 foron leves e 300 foron graves, o 2,3%.