Alcoa San Cibrao: "Aínda non tomamos ningunha decisión"

Vista da factoría de Alcoa en San Cibrao (Europa Press)
A multinacional afirma que a venda dunha planta de resíduos de Alcoa en Arkansas forma parte da súa estratexia de desfacerse de "activos non estratéxicos"

A venda dunha planta de resíduos en Arkansas fixo saltar as alarmas na factoría de San Cibrao (Cervo). Desde a empresa aseguran que este "activo" non era unha actividade principal.

Fontes da empresa consultadas por Nós Diario aseguran que aínda non tomaron ningunha decisión sobre a factoría galega e insisten na inviabilidade de continuar co actual prezo da enerxía.  Afirman, tamén, que agardan poder falar co novo Goberno español nos vindeiros días.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.