Un accidente laboral nunha canteira de Vilamartín de Valdeorras deixa un falecido e un ferido de gravidade

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press)
Segundo informa a Garda Civil, o falecido era un veciño de Ponferrada de 44 anos e o ferido grave é un veciño de León de 47 anos, quen sufriu a caída dunha pedra.

Un operario faleceu e outro resultou ferido grave nun accidente laboral ocorrido nunha canteira de lousa do municipio de Vilamartín de Valdeorras (comarca de Valdeorras) durante a mañá desta sexta feira.

Segundo informa a Garda Civil, o falecido era un veciño de Ponferrada de 44 anos e o ferido grave é un veciño de León de 47 anos, quen sufriu a caída dunha pedra.

Pola súa parte, o 112 Galiza informa de que se mobilizou até o lugar de San Vicente, en Vilamartín, o helicóptero con base en Ourense, ademais de dar aviso a GES de Valdeorras e Garda Civil.