O 23 de febreiro en Compostela

A coeducación centra a XVI Xornadas das Mulleres da CIG-Ensino e da AS-PG

As xornadas estarán centradas na coeducación

O vindeiro sábado 23 de febreiro no IES As Fontiñas (Santiago de Compostela), terá lugar a vixésimo sexta Xornada das Mulleres, organizada por CIG- Ensino e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, desta volta centrada na coeducación.

Abrirase a xornada coa presentación do libro Coeducación. O alicerce do ensino, editado por CIG-Ensino e a ASPG, no que diferentes autores e autoras reflexionan sobre a educación en materia de igualdade, con exemplos prácticos levados a cabo en centros galegos.

 

Pola mañá, participarán no encontro a profesora Carme Adán, quen presentará o seu libro Feminicidio e conversará sobre dito concepto; a crítica literaria Montse Pena, quen traballará as pautas para analizar a literatura infantil e xuvenil desde unha óptica feminista e a escritora Inma López Silva; quen após presentar o seu Chámame señora pero trátame coma un señor falará do machismo na literatura.

 

Pola tarde será a quenda da xornalista e graduada en Educación Primaria María Obelleiro, quen analizará o machismo nos libros de texto, e das docentes María Carmen Rivas Corbacho e Raquel Martínez Rivas, do IES Ricardo Mella, e Mirian Morán, do CPI Viaño Pequeño, que contarán a súa experiencia en coeducación nos seus centros. Para rematar, proxectarase o documental Tecido resistente. A revolución silenciosa das mulleres de Présaras, da xornalista Marina Chiavegatto.

 

A matrícula estará aberta até a quinta feira 21 de febreiro na seguinte ligazón.