A xustiza paraliza a liña de alta tensión que ameazaba a fraga de Catasós, en Lalín

Imaxe: turismo.gal

O concello de Lalín presentara un recurso para negar a licenza de obra para que Fenosa construíse a liña neste ecosistema, que ten categoría de Monumento Natural.

O xulgado número 3 de Pontevedra sentenciou que o Concello de Lalín non pode emitir unha licenza de obra para que Fenosa constrúa unha liña de alta tensión que afecte á Fraga de Casas Vellas (Catasós). Unha decisión que supón unha vitoria para veciñanza e movementos sociais que durante estes anos protagonizaran mobilizacións e accións na defensa deste espazo , que ten a categoría de Monumento Natural outorgado pola Xunta.

Catasós alberga até hoxe unha riqueza paisaxística singular con soutos e fragas con moi bo estado de conservación.  Gas Natural Fenosa apostaba  na construción dunha liña de alta tensión (LAT 132 KV) desde O Irixo ata Lalín, cuxo trazado ameazaba con destruír o entorno natural da Fraga das Casas Vellas, en Catasós, catalogada como solo rústico de especial protección forestal. Trátase dun ecosistema de gran valor paisaxístico, con milleiros de árbores autóctonas, castiñeiros e carballos na súa maior parte, moitos deles con máis de douscentos anos de vida.