Xustiza cita 4 empregados de Talgo polo borrado de datos de Angrois

Accidente de Angrois
Estas catro novas testemuñas traballaban para esa empresa nos momentos do sinistro ferroviario.

O Xulgado de Instrución número 3 de Santiago, que investiga o accidente do tren en Angrois citou declarar catro novas testemuñas, empregados de Talgo no momento dos feitos.

Así consta no auto xudicial, recollido por Europa Press, polo que foron citadas estas catro testemuñas, entre eles o ex empregado que denunciou o suposto borrado de datos sobre avarías do tren unhas horas despois do sinistro.

.Esta citación prodúcese despois de que o 12 de novembro a Audiencia Provincial da Coruña informase da reapertura da instrución sobre o accidente do tren Alvia para que o xuíz investigue a denuncia dun ex traballador que asegura que responsábei de Talgo ordenaron o borrado de datos sobre avarías do tren pasadas escasas horas do sinistro.