A xustiza admite a trámite a denuncia contra Baltar por ofrecer traballo a cambio de sexo

Baltar

O Xulgado convoca a muller denunciante para que poida ratificar a imputación.

O Xulgado de Instrución nº3 de Ourense admite a trámite a denuncia da muller que acusou o presidente da Deputación de Ourense de lle ofrecer traballo en troca de sexo, segundo adiante 'La Voz de Galicia'. O Xulgado convocou a denunciante para que poida ratificar a imputación de que Baltar lle ofreceu un emprego se mantiña relacións sexuais con el.

A citación foi confirmada polo TSXG e prodúcese pouco despois de que a fiscalía archivase a primeira investigación. Que a xuíza acepte a denuncia da prexudicada, que convocase e pedise á Fiscalía as gravacións que posúe das conversas entre a muller e José Manuel Baltar, volve situar o político nunha situación complicada, afirma o rotativo coruñés.