Xustiza

O xurado declara culpábel de asasinato o acusado de matar a súa muller en Gondomar

Valentín A. B., no xuízo. (Foto: Europa Press)
As acusacións solicitaron unha condena de 25 anos de cárcere e indemnizacións de 300.000 e 250.000 euros.

O tribunal de xurado por unanimidade declarou culpábel de asasinato Valentín A.B., por matar a súa muller o 2 de decembro de 2020, no domicilio familiar da parroquia de Mañufe, en Gondomar (comarca de Vigo).

O xurado considerou probado que o acusado inflixiu 21 feridas a Soledad R.V., varias delas puñaladas mortais, coa intención de acabar coa súa vida, sen que a vítima tivese posibilidade de defenderse ou de fuxir. Por outro parte, viron acreditadas as agravantes de parentesco e xénero, aínda que non o ensañamiento.

As acusacións solicitaron unha condena de 25 anos de cárcere, así como indemnizacións económicas por valor de 300.000 e 250.000 euros. Mentres, a defensa non fixo petición concreta de pena.
[EN AMPLIACIÓN]