A Xunta volve reforzar con cartos públicos ao privado hospital vigués de Povisa

Namentres seguen as protestas polo abandono da Sanidade Pública, o Sergas renova por dez anos o convenio co centro médico particular, ao que lle pagará 540 euros por persoa

O Sergas, ou sexa a Xunta, acaba de renovar o procedemento administrativo do novo concerto co hospital vigués Povisa, que será asinado o próximo 1 de setembro, momento en que entrará en vigor, logo de case 4 anos de prórroga do anterior acordo. En definitiva, que mantén a aposto por pagar á Sanidade privada namentres son multitudinarias as voces que denuncian o abandono da Pública.

Como mínimo, o hospital cobrará 75 millóns de euros nos próximos anos

O novo acordo (aprobado xa o pasado mes de xuño, malia que se coñeceu agora) terá un vixencia de oito anos máis dous renovables anualmente, e estabelece unha subvención anual por paciente de 540 euros (uns 75 millóns de euros en total). Así mesmo, mantén a carteira de servizos e fixa un tope de poboación adscrita de 139.000 pacientes.

Segundo o Servizo Galego de Saúde, este acordo permitirá “a libre elección para a poboación que teña Povisa como centro de referencia”. Para esta desviación, a Xunta ditará, por resolución, a próxima semana, o procedemento e o prazo. A Pública seguirá esperando.