A Xunta recorta nun 63% as axudas a fomento do galego nos centros públicos

galego

A CIG-Ensino denuncia que desde a chegada do PP á Xunta de Galiza, a partida destinada ás axudas aos equipos de normalización dos centros de ensino público “descendeu en picado”.

A CIG-Ensino denuncia que desde a chegada do PP á Xunta de Galiza, a partida destinada ás axudas aos equipos de normalización do galego dos centros de ensino público “descendeu en picado”. Na orde publicada hai unhas semanas no DOG, a Consellaría “mantén a redución de medio millón de euros que vén aplicando a esta partida desde o curso 2011-12, fronte aos 800.000 € que se lle asignaron aos centros nos cursos 2009-2010 e 2010-2011. A Consellaría volve reducir a partida orzamentaria para este curso a 300.000 €, unha redución do 62,5%, que para os centros privados foi inferior, do 55,4%”.

O sindicato nacionalista incide na denuncia de que se recunca no recorte das axudas para a promoción da lingua galega, “xusto no mesmo curso escolar en que os datos oficiais do Instituto Galego de Estatística sinalan a perda de falantes, poñendo o acento nas xeracións máis novas sobre as que se conclúe que nas súas 3/4 partes nunca falan en galego”.

Lembra o dindicato que vén reclamando reiteradamente que a convocatoria de axudas se realice co inicio do curso, “mais a Consellaría persiste en que isto non sexa así, facendo inviábel que se poidan realizar actividades normalizadoras durante o primeiro trimestre”, sinala.