Segundo denuncia a CIG

A Xunta privatiza a solicitude de cortas de uso doméstico

“Coa tramitación dos permisos no 012. É un teléfono de pago que está saturado onde non se obterá asesoramento ningún”, afirma a CIG

A Consellería do Medio Rural privatiza as solicitudes de cortas de uso doméstico para deixala en mans dunha empresa privada, coa conseguinte perda do servizo público para as persoas administradas. 

Está é a denuncia que fan desde CIG-Administración pública, que asegura que a tramitación dos permisos de uso domestico a través do teléfono 012, “que ademais é un teléfono de pago con custe”, é unha “clara privatización do servizo”.

Con anterioridade a xuño de 2020 (momento de entrada en vigor do decreto 73/2020 que establece a obrigatoriedade de que todas as solicitudes de aproveitamentos madeireiros sexan telemáticas) podíanse tramitar nas oficinas agrarias comarcais ou nos distritos forestais por persoal empregado público da Consellería de Medio Rural, explica o sindicato.

“Esta imposición da comunicación telemática obrigatoria dirixida a unha poboación rural cada vez máis avellentada (…) é unha imposición ás bravas que incumpriu as garantías da propia Lei de Administración Dixital de Galiza que requiría un estudo previo da competencia dixital da poboación a que se dirixía a medida e que se saltaron totalmente”.

A responsable nacional, Zeltia Burgos, denuncia que o telefono do Centro de Información Xunta de Galiza, 012, “é un telefono de pago e que está saturado, posto que é o encargado de tramitar varios servizos da Xunta como son demanda de emprego; medidas derivadas da Covid 19; permiso de queimas, agro, gandería, cortas de madeira, avisos de Vespa velutina; información turística, vivenda, reclamacións eléctricas; dependencia, discapacidade, Servizo Quérote; demandas de emprego, listas contratación, procesos selectivos; incidencias telemáticas, cita no rexistro ou danos de lobo, danos de Xabaril...